Sunday 05 de May de 2024

Sánchez Bugallo reafirma o seu compromiso en materia de accesibilidade nun encontro coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia


O alcalde avanzou que, coa modificación do Plan Especial da Cidade Histórica preténdese facilitar a instalación de ascensores e elevadores no ámbito da cidade vella para que “o centro histórico sexa un lugar habitable e, sobre todo, accesible para as familias, as persoas maiores ou con algunha dificultade de mobilidade”.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2023. Unha Compostela completamente accesible e inclusiva, é un obxectivo “prioritario na folla de ruta que temos para facer unha Compostela de todas e todos” explicou o alcalde nun encontro coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia no que participou tamén a concelleira de Igualdade e Urbanismo, Mercedes Rosón, e no que o alcalde avanzou algunhas das liñas nas que se está a traballar desde o Concello na elaboración dun Plan de Accesibilidade Universal para a cidade.

Sánchez Bugallo que explicou que coa modificación do Plan Especial da Cidade Histórica preténdese poñer facilidades á hora de abordar rehabilitacións no casco histórico, tamén en clave de accesibilidade: “un dos obxectivos que se persegue con esta modificación é dar opción a colocar ascensores en todos os inmobles que o precisen para permitir que as vivendas da cidade vella presenten as mesmas facilidades e comodidades que calquera outra”.

Tamén no concello está prevista a instalación dun ascensor exterior que se ubicaría na parte traseira do Pazo de Raxoi e “que conectará tódolos andares do edificio para que eliminar barreiras e garantir a accesibilidade de todas e todos aos servizos municipais” explicou o alcalde.